O sábado pasado (21 de xaneiro) durante un concerto en Vigo de SKARMENTO + SKACHA, dous membros do grupo SKARMENTO foron agredidos físicamente e de xeito cobarde por haber adicado unha canción aos desaparecidos polo franquismo e polo réxime Stalinista. Para xustificar tal cobarde acción alguén anda a decir que se meteron cos nacionalistas e/ou cos comunistas. Nada máis lonxe da realidade, pois ademáis sería de todo absurdo cando entre as suas filas atópase xente nacionalista e comunista.
En vista de tales acontecementos, varios dos que alí estabamos tratamos de acadar firmas de xente vinculada á música con certo contido social de apoio e condea a tale actos.
O comunicado que amosamos a continuación está fimado por máis de 40 colectivos (máis de 200 personas) que abaixo figuran, e por algúns máis que estabamos a esperas de resposta. Se algún de vos o lee e quere sumarse non ten máis que firmar a continuación manifestando o seu apoio.
O obxetivo ademáis da condea de tales actos e facerlle ver á persoa que os cometeu e a alguén que o poida apoiar (como cabría de esperar case ninguén) cal e a nosa postura, que a golpes non nos van a facer cambiar de opinión e que a xente que arranxa así as cousas non ten cabida en acontecementos nos que os asinantes participemos.
Os grupos, distribuidoras, radios, fanzines e demáis colectivos de galegas e galegos vinculados coa música abaixo firmantes, en vista das recentes agresións a dous compañeiros por expresar nun escenario as suas ideas políticas, queremos manifesta-lo seguinte:
1. Que toda-las asinantes empregamos a música, ademáis do ocio implícito, como método de denuncia social, de expresión e/ou de propaganda das nosas ideas políticas.
2. Que tódo-los asinantes manifestamos unha clara postura de esquerdas, que ainda sendo de diferentes ideoloxías, tanto colectiva como individualmente, respetamos as opinións que cada un poida ter e, por suposto, que cada un desexe expresar. Sempre dentro dunha postura contraria ao fascismo, ao imperialismo, ao racismo, ao capitalismo, ao neoliberalismo, ao machismo e aos totalitarismos.
3. Que tóda-las asinantes manifestámonos a favor da liberdade de pensamento e de expresión, así como a liberdade para manifestarla tanto de xeito público como privado e na lingua que cada un, en cada momento, estime oportuna.
Así meso, e en relación cos mesmos feitos, e con un claro desexo de que non se volten a producir, desexamos condea-lo seguinte:
1. Que tódo-los asinantes condeamos e rexeitamos a imposición do pensamento único, sexa da índole que sexa.
2. Que tóda-las asinantes condeamos e rexeitamos calqueira tipo de imposición pola forza física ou verbal de calqueira tipo de ideoloxía. Así mesmo somos contrarias a calqueira tipo de represión e/ou represalia contra quen manifeste as suas ideas de xeito público ou privado dentro do marco no que nos englobamos.
3. Que tódo-los asinantes condeamos e rexeitamos a todas aquelas personas que non respetan a diversidade de opinión e tentan agredir ou agreden tanto física como verbalmente a quen se está expresando libremente.
Tamén queremos deixar constancia de que tódo-los asinantes condeamos e rexeitamos as agresións físicas contra dous integrantes do grupo Skarmento, idependientemente de que nos identifiquemos ou non, tanto total como parcialmente, co seu posicinamiento político. Así mesmo solidarizámonos con eles e os animamos a que estes feitos aillados non inflúan nin a eles nin a ninguén para manifestar o que estimen oportuno.
Por último todas as abaixo asinantes comunicámoslle as personas que non respetan as nosas opinións, e queiran impoñer as suas, que non imos a trocar o noso xeito de pensar e actuar por moitos golpes e agresións que se produzan. Así mesmo, se non van a respetar o que calqueira de nos manifeste públicamente, convidámolos a que NON asistan aos actos nos que os asinantes deste comunicado participemos.
Saude, liberdade e unidade antifascista.
Asinan:
1.- Dandy Fever 2.- Ondas de Rebelión (radio libre) 3.- Anoeta (sala concertos) 4.- Soak 5.- Ofensiva 6.- Skacha 7.- Asociación Cultural A Tiradoura 8.- Farrapo de Ghaitax 9.- Ictus 10.- Mais Ala Do Sementerio (distribuidora) 11.- Revoltosa (fanzine) 12.- Tiro Na Testa 13.- Vigo Hardcore Crew 14.- Dakidarria 15.- Clownme 16.- The Gotxos Party 17.- UHP Distro (distribuidora) 18.- Malas pulgas 19.- Arredemo.info (portal galego) 20.- Última Sakudida 21.- El Yuyo 22.- Extremidadex Pelijrosas 23.- Mortos En Vida 24.- Insolbentes 25.- Fijado Korroido 26.- Freetanga 27.- Defekto Opitko 28.- Bailando Con Lokos 29.- Sin Zensura (fanzine) 30.- Mundobesta (contrainformacion) 31.- Kaskarria Punk 32.- Xuntos Pola Mestizaxe (distribuidora) 33.- Saldos Arias 34.- Motor Perkins 35.- Contrasurco (portal musical) 36.- A.C. Revuelta en el Frenopático 37.- La Vorda 38.- Dos Pelos Negros 39.- Caos S.A. (distri) 40.- Strigmatribe 41.- Kreazione 42.- Desastre Nuclear (fanzine)